
Bondade presa na desconfianza.
Vontade de rir sen segundas intencións.
Dengue de amor con pedras brillantes de cor negro esperanza.
Dentes petrificados que non permiten as palabras.
Testemuña do bonito (ás veces quérote como es).
Testamento en clave de NÓS, pero xa sen rancor.
Presa desconfianza da túa bondade.
11 comentarios:
como será deixarse penetrar pola rabia ata encherse, asolagarse, deixar que flúa polos buratos do nariz, dos ouvidos, polos poros, que desborde.
como será morder nela.
como será cuspila
como será rascar a alma co scotchbrite ata que non quede nin a mais mínima película de bondade.
cumpriches abondo o encargo, quedo moi agradecida.
bicos, para agosto.
O dos "dentes petrificados" deume unha idea caralluda para aplicar na canteira. Se ten éxito saberedes de min na prensa como emprendedor do ano facendo dentes de granito
Bicos esvaradizos
Zeltia, pois menos mal. Teño que confesarche que despois de varios intentos nada saía con bondade....chegueime a platexar que debía ser un bicho para que esa palabra non me inspirase nada.... e visto o resultado algo bicho debo ser :P
Chousa da Alcandra, pois cando teñas todo listo...eu quero os primeiros XD
mi ma! qué é iso da foto?!
:)
PPalabras moi acertadas, quizais faría falta unha mais ao falar de Zeltia: autenticidade
Perfecta definición!
Ás veces penso que a bondade é o primeiro paso cara o pringadismo, a primeira fonte de moitos dos nosos problemas (polo menos a nivel personal). Tanto o exceso coma o defecto fan dano, é unha arma perigosa...
Añadiría sensibilidade e douzura, tamén xenio e sorriso. Un bico
Co meu desexo de que rules igual de ben que rulaches polo blogomillo, e cunha pinga de tristura por ver apagadiño este teu recuncho, pásote ó andén da Chousa. E mentras o fago déixoche un bico en cada raíl da vía...
Publicar un comentario en la entrada