
Non recordaba os domingos en horizontal, pasou tanto tempo (pasividade como compañeira, nós un trío). Esta mañá sentinte como ao principio: quente e doce. Agora, despois de anos de dúbidas, inseguridades e perdas aos poucos de min, agora que teño a forza para deixar de ser o teu apéndice comezas a pórme as cousas difíciles. Será que te dás conta que xa estou lonxe de ti? Farasme cambiar? No fondo sei que non, sigo ao teu lado pero fai moito tempo que marchei. Ás veces penso que a (re)descuberta dos nosos corpos non é máis que unha despedida, que eles non están están dispostos a perder, outras veces creo que hai esperanza, que o que vin en ti aquela primeira tarde aínda non fuxiu. Na miña cabeza as ideas bulen, constantemente analizo e sobre analizo todo, unha e outra vez fago listas, encaixo recordos e sopeso opcións. Pero, como me pasaba ao principio, todas as incertidumes vólvense difusas cando a túa pel impacta coa miña, dende ese momento só quero zugar todo o teu desexos, dende ese momento só te quero a ti.
12 comentarios:
Non lembro con exactitude a palabra enviada (era Zugar?); pero queda ben ás claras que ese ferver de ideas na túa cabeza logra acadar unha cocción sumamente apetecible.
Escolleches zuar os desexos. Magnífica elección. (Aínda que sexa por puro egoismo!!)
Bicos bulideiros
Un gusto lerte, unha vez máis.
Sempre é un pracer volver a lerte
A paixón e os sentimentos son ingredientes moi perigosos e se non se precisa ao miligramo as cantidades...poden traer moitos dores de cabeza (ou de coeur ).
Un pracer ler os teus pensamentos, sublime.
Beijos silenciosos.
Chousa da Alcandra, era zugar, era. :)
Zeltia, ando ás voltas coa túa suxestión....nunca pensei que a palabra bondade me dise tanto traballo, pero logo ha estar :)
A quincalleira de Kabul, tamén é un pracer volver.
So*, obrigadísima.
beijos
Estou dacordo, resulta un maravilloso pracer lerte, e unha ledicia a tua volta en nova descuberta, ainda que dos teus textos e poemas, fluen en bretema doce, a nostalxia, o fracaso ,o rencor, pola desilusion na furstracion....Escribes, sintes e declaras palabras moi fermosas, pero duras...de ruptura e erros presentes e pasados, a inexistencia dun futuro, tal vez mellor?.Non sei.
Sinto, o que escrfibes, gustame e sufro, ao mesmo tempo.
Bicos
Continuas escrevendo como sempre: muito bem.
Bicos
Angel Utrera, moitas veces o que escribo non ten nada que ver comigo, outras si e vomito a rabia por non matar xente :P. Pero non te preocupes, pois nunca estiven tan en paz co que eu son por dentro.
Sao, obrigada.
beijinhos, adianto que este blogue unha vez acabadas as suxestións pechará.... agora o que me estou a pensar é o de abrilo noutro lado. Pero teño que pasar páxina en moitos sentidos.
Gustoume!
Gustoume iso dos domingos en horizontal e o de zugar os desexos...
Moi ben composto!
Fermosísima imaxe. Fermoso o todo. Coma sempre. Conxurada.
Ás veces penso que a pel e os pensamentos habitan mundos separados. E se cadra hai unha boa razón, pero iso xa non son quen de aseguralo, e por outro lado de pouco serve sabelo ou aseguralo ou porlle un marco e chantalo na parede. Tanto ten...
Un pracer lerte. Sempre o é.
Publicar un comentario en la entrada