
Febreiro: o doce cheiro das mimosas fai que teña unha súbita regresión á infancia, esa imaxe das mañás de frío cortante que despreguiza. Daquela, cando non cría no meu futuro senón que SABÍA como sería.
Marzo: o olor a limpo da túa pel xa non é suficeinte para calmarme. A monotonía de ser cada vez menos feliz, a complacencia do gris, o costume de abandonar as miñas aspiracións. O sentimento de derrota:
ti (batalla perdida)
Soños (batalla perdida)
Eu (onde estou? En que momento desaparecín?)
Abril: O calor que deixas na cama agora é sempre frío.
Maio: Tempo e espazo entre nós. O frío da autoestrada trae esperanzas de resurección. Sen ti volvo ser eu.
17 comentarios:
Anúnciovos tamén que unha vez rematada esta rolda de suxestións seguramente este blogue chegará ao seu fin.
beijos
Gústame moito, é sinxelo e lóxico, e ten final esperanzador. O olor que trae o recordo dunha vida fermosa que se torceu, mas sempre hai tempo de comezar. Por sorte sempre queda a esperanza, por moi gris que se volte a vida.
Moitas grazas!
Biquiños
O de rematar co blogue é unha idea que me ten vido unha chea de veces (o meu, por suposto) pero non consigo desfacerme del. A maioría dos blogues que levan anos publicando normalmente mudan o estilo co tempo e hai moitos que xa non se parecen en nada ao que eran hai tres anos. Iso ou pechalo e abrir noutra parte, sen todo o peso do pasado.
Botarei o teu estilo de menos.
Non me gustaría que o blogue chegase ao seu fin, pero iso non depende de min, xa o sei.
Onde estamos, a onde quremos chegar é algo ás veces indefinido. Soamente temos certeza do que fomos. E ás veces nin iso, pois as lembranzas non sempre atinan co lugar e a percepción.
Ademais, ás veces é preciso desprenderse das pantasmas da memoria para atopar o camiño, cousa ben difícil.
Un saúdo e parabéns.
(Eu xuraría que comentei este posteo. Levaría o meu comentario o vento do norte, que resopla coas tronadas estes días)
Tremendo anuncio. Mediatiza calquera comentario a facer. A min alomenos.
En todo caso A Conxurada continuará progresando neste devir de meses, calores e friaxes misturadas.
Bicos dende as mimosas
Agradezo as vosas palabras, pero como di Chousa, teño que madurar e por diante aínda teño seis suxestións máis (e as que se poidan ir sumando).
Rui, foime moi sinxelo facer este texto con unhas suxestións tan suxestivas.
Bicos de pre-aniversario (mañá fago un ano máis ao igual que este blogue dentro duns días)
Acabas de gañar a túa independencia. No vran é máis fácil non sentir frío. Biquiños de sol
Parabéns no teu cumpreanos e tamén deseos de que continues a falarnos e sorprendernos ca túa páxina.
Feliz cumpleanos
Feliz cumpleanos atrasado. E feliz aniversario do blog.
Dis que o pechas...
É fácil de entender, todo na nosa vida é por etapas.
Mais eu, nin de coña penso en pechar o blog. [Mais ben mudaría de dirección, ou poñeríao privado; pero mentres non haxa outro formato mellorable...]
Pois Eu botarei de menos as tuas suxerentes suxestgions.....PEro che comprendo, Eu tamen sinto que despois de cinco anos, o que fixen non chegou a ninguen, nin serviu para nada, so como unha balbula de escape para mi....¿Pero non teño nada claro se foi iso o que pretendia facer cando empezei...?
SExa como sexa, de calquera xeito desfrotei moite dos teus poemas....
GRazas
Xuño: A calor voltará á cama?
Encantoume o de "a monotonía de ser cada vez menos feliz"
Xuño aínda está por escribir.
Este post debe ser moi bo, leva unha chea de tempo na carteleira!
biquiños
Sei, son un desastre integral, pero levo uns meses moi ocupados, agora voume de vacacións 10 días e á volta póñome ao día.... beijos a todos
oiii vim fazer uma visita e ja to seguindooo
aproveita e passa la no meu e se gostar segue aeeee
tem sorteio la no blogg
beijo grande
http://amandapavao.blogspot.com
Publicar un comentario en la entrada