
Pendurada nun atril feito de poemas perdidos, bailei nesas ondas do seu mar calmo. Cunha gramola de soños aprendín a tocar unha balada de dor plácido.
Afoguei berros de luxuria por non importunarvos coa miña ledicia (aínda que no fondo só eu importo, só eu podo sacia-la miña fame, só eu podo durmir cando teño sono, só eu podo mitigar as enfermidades intanxíbeis).
Naquel atril, do que se falaba hai séculos, están impresos en tinta de amor todos os insultos que nunca che dixen, pero que ti sabes que mereces.
8 comentarios:
Pois si que me gusta. En certo modo ata me identifico con algunhas frases.
Parabéns e grazas.
Un bico.
Nunca che se ocurra afogar os berros de luxuria se non é na boca de quen chos provoca!
Seguro que o atril está orgulloso de soster as túas palabras tan ben calcetadas.
Bicos
Neste atril fuche quen de poñer verbas ben suxerentes.
Parabéns!!
Do amor ao odio......un abismo??, ou tan so decepcion, desengaño e sentimentos de fracaso....FRustracion???
Moi bo, como sempre o teu poema, evocador, reflesivo e persoal....Transmite a forza do que sintes.
E por certo, sumome ao comentario de Chousa, ainda que as veces é picante de mais, ten moito de sentido comun que cade vez e menos comun....Non en balde e de Antas, veciño noso.
Bicos.
Ninguén pensa que merece insultos. Todos nos consideramos buenísimas persoas.
dolor placido??....o dolor non e placido, polo menos o meu..agarrase a alma, encolle o corazon..pero si é verdade que se vai aprendendo a bailar acaba sendo parte de ti, unha compaña incomoda que se non esta acabas botando de menos. Noraboa encante o texto
A nena do paraugas, alégrome.
Chousa da Alcandra, farei o que poida :P (ou o que me deixen).
Raposo, obrigada.
Angel Utrera, é que Chousa é moito Chousa, non si?
Zeltia, é que hai que ter autoestima.
Bolboreta, obrigada.
Bicos con arrecendo a fresas para todos...dá gusto que dea o sol, non si?
Thank you, great
Ucuz Otel Fiyatları
erken Rezervasyon
Tatil Yerleri
Kuşadası Otelleri
Publicar un comentario en la entrada