martes 30 de noviembre de 2010

As caídas de Carlota - Adicado a Ángel Utrera


Soterrada na desilusión do que se espera dela unha vez máis afundiu.
Perdida no que debe ser atopou inseguridade e interrogantes.
Durmida nos soños dos demais vive nun pesadelo de apatía onde as mañás pesan e as noites son insomnio.
Agochada na decepción allea non sabe porqué vive morta (foise no vento do desencanto ignorante).



P.D: pero todo muda, proximamente o optimismo.

11 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Esperamos con impaciencia o seguinte paso, fainos falta entre tanto frío, oscuridade e apatía xeral política-económica. Vai un aturuxo?. Saúdo.

Chousa da Alcandra dijo...

Eu tamén me mergullo na posdata e xúntome a ese aturuxo que a Conxurada estaba a piques de iniciar.
Bicos óptimos

São dijo...

Anda tudo um bocado assim.

Alegre quadra de festas para ti e para quem desejares.

Bicos.

zeltia dijo...

eu non deixara un comentario aquí?
un que falaba da teima que ten todo o mundo con estar optimista, como se non fose unha cousa natural, igual de natural, sentirse mirando a outra cara da moeda da vida.

FERNANDO SANCHO dijo...

Non sempre todo é optimismo, e en tempos como nos que vivimos, este vai caro. O desencanto, a apatía e como consecuencia un insomnio que se fai amo, curiosamente, dos nosos soños, hospédase en nós. A desilusión desembarca e caemos.
Como ben di Zeltia, é a outra cara da moeda.
Un saúdo y moitas grazas.

Angel Utrera dijo...

¿De quen falas.......? .Acaso falas de ti, ou de Carlota, quen queira que sexa......???
¡¡non¡¡¡.Penso que son Eu, o que soterrado na desilusion, non agardo xa nada, ¿ou si? .
A morte.¡
Agochado na decepcion allea, non sei porque non reparo na miña.¿ou si?
quizais por cobardia.
Durmido nos soños dos demais, non teño que estoupar, cos mesis, nin rachar os que no insomnio me arrastran.

____Maravilloso como sempre o teu texto, a reflexiòn que fago sobre a que fas ti, non é ni mais ni menos que a rabia que brota co vento do desencanto ignorante_____
Bico grande.

Por certo, co teu permiso o subo o meu blog, non sei se poderè facer unha desas enlaces.....
Ah e moitas grazas pola dedicatoria inmerecida.

Son Unha Xoaniña dijo...

ALégrome que a súa Carlota mude logo o estado de ánimo, non é saudable ficar moito tempo no desencanto inda que sexa ignorante.
Saúdos

Mar e Lúa dijo...

Un texto moi bonito, pero eu tamén son das que espera impaciente a postdata! Apertas!

Noa dijo...

espero que (nos) chegue pronto. volve Conxurada.

Aninha. dijo...

No que se espera dela ou no que ela agarda de si mesma?

A Conxurada dijo...

Maribel-bel, vou agora colgar un texto,pero aínda non é o de Carlota, un pouco máis de paciencia.

Chousa da Alcandra, pois aturuxemos todos!!!!

Sao, obrigada.

Zeltia, tes razón, pero tamén che digo unha cousa sempre fun tremendamente realista (ou pesimista, dependendo de quen mire) e dende que decidín ser un bocadiño máis positiva son moito máis feliz.

Fernando Sancho, eu dende logo creo que as cousas malas inflúen moito máis que as boas para o noso desenrolo persoal, pero como ti dis, hai que ter un pouco de cara e outro pouco de cruz. Graciñas a ti.

Angel Utrera, moi leda de que che gustase. En todos os textos falo de min, pero seguramente non do xeito máis obvio.

Son unha Xoaniña, eu tamén me alegro de que a Carlota, nun futuro próximo, lle cambie a perspectiva.

Mar e Lúa, pois aínda toca agardar un anaquiño, pero xuro que desta vez ha ser moito menos.

Noa, estou volvendo :P

Aninha, no que ela agarda de si mesma sempre.

beijos