lunes 15 de noviembre de 2010

Adicada a Chousa da Alcandra.


Contos de onte e mañá.
Historias extraordinarias do cotián.
Ollos en papel fotográfico.
Un neno grande que vive agochado.
Sabedoría en verbas pícaras.
Alma de Antas, máis fermosa a través da súa mirada.

Duplo sentido nas palabras visuais.
A paisaxe doce e agria do verde, ouro, colorado e prata das estacións.

Agoiros de optimismo.
Lendas para esquecer nunha lingua afiada para a denuncia velada.
Capturas de realidade filtradas por un cristal propio.
A Conxuradiña gusta de xogar nas súas follas.
Non indiferente.
Droga en rede de sorrisos de medio lado.
Retranca base, rescate de identidade.
A miña adimiración: se non existese habería que inventalo.

12 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Boa peza construiches,
Inmerecida de seguro.
Conxuradiña admirada
Onde ti "acrosticas" eu derrétome!!!

(Nunca o báculo de fentos puido atopar mellor acubillo. Obridado, colorado e ledo de que gustes de xogar entre as follas da Chousa. Un pracer!)

zeltia dijo...

aaai! case me mato, esvarei! [Chousa puxo isto perdido de babas!]

Este acróstico tan feitiño, gustaríalle a calquera.
I eu estou de acordo con case todo o que dis, [hai cousas que non sei, pero supoñoas]


Bicos, Conxurada.

paideleo dijo...

Atinaches de cheo, conxurada !.

Maribel-bel dijo...

Acertadísima definición e construída moi bonita. Bicos os dous

Chousa da Alcandra dijo...

Por favor, dádeme un "klinex" que vou afogar nas miñas propias babas!!!
:-)

alba dijo...

que maneira linda de expremer a creatividade! :)
gostei moito destas últimas obras!
:)

A Conxurada dijo...

Chousa da Alcandra, alégrome moito de que che gustase. bico meloso.

zeltia, jajaja. Graciñas.

paideleo, obrigada.

Maribel-bel, obrigada.

alba, obrigada, :P

Angel Utrera dijo...

TEño que recoñecer que tedes razon....Chousa engordou vinte kilos, alo menos.......e non sei se vai a chegarlle cun paquete de klenex, ao mellor precisa unha sabana enteira.......
Parabens ,Conxurada, poema moi axeitado, e ben feito....ADemais non mintes, nin exaxeras..
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Tou cebado coma un ranchiño. Confío en que non chegue o meu Samartiño aínda!!

An dijo...

Coma sempre fermoso traballo. Saúdos e apertas

O Garcia do Outeiro dijo...

Sensacional Conxurada!

A Conxurada dijo...

Chousa, An, Angel Utrera e O Garcia do Outeiro, obrigada con todos vós.