
Úrsula ulula á luz crúa dun bugaku.
Úrsula núa pulula pola cúpula da lúa.
Murmurio de lucecú que funga coma un gurú.
Gurú que cura con rúcula a túa burbulla que cuspe cultura de futuro.
Úrsula gurrumia polo súcubo que gurgulla na súa vulva.
Úrsula cun tutú de tul azul no cumio do vudú:
Sucursal de curuxa que turba. Suburbio turbulento: ÚRSULA.
14 comentarios:
rrsss me agradou o exercício do U
Boa semana.
As letras de verificação é que nunca me agradam, rrss
Aprendín moitas palabras; pero -inevitablemente- tiña que coñecer o significado de gurrumiar...
(Esta Zeltia púxoche moitos deberes!)
Bicos denda a Chousa (seguramente sucursal de curuxas e algún moucho tamén)
jaja, eu tamén gurrumio ás veces por un súcubo que gurgulle na miña vulva!
moitas grazas Conxurada, polos deberes moi, moi, moi ben feitos!. A verdade e que non pensei que os foses terminar [sobre todo despois do "e", cando deixaches de escribir nos blogs]
Nunha uz en usufructo ululo por Úrsula sen usura.
Passei para agradecer a visita. Adorei as cores do blog.
Abraços,
Tarea difícil pero vexo que non te rindes fácilmente, con tesón chégase o cumio do mundo. Bicos
Se remataches os encargos e tés ganas de seguir, veño pedirche un texto.
Escribe sobre a Chousa. Critícame, se dura co blogueiro que se esconde tras ese alcume. Ou, se o prefires, dalle unha de cal e outra de gravilla. Faino en prosa ou en poesía. Escribe. Si?
Pois Eu digoche como Chousa, desta vez o contexto do texto.....foise no vento do descontento ignorante.
Sao, obrigada é un pracer terte por aquí.
Chousa, encargo aceptado...pero para a semana que vén, que levo uns días doente. (Eso si, antóxaseme un reto difícil).
zeltia, gústame cumplir o que prometo...pero durante todo ese parón era incapaz de escribir unha liña.
Raposo, canto arte tes.
Elizabeth F. de Oliveira, obrigada.
Maribel-bel, difícil foi :)
Angel Utrera, encargo aceptado.
Curullu !! ;))
Xenial, coma sempre!
Beijinhos.
setesoles e SoO*, obrigada.
Encanta-me é terrivelmente original e com umha força fónica que trai com ele a dura verba de Maria Marinho ou de Novoneyra desde a entranhável montanha luguesa.
O Garcia do Outeiro, obrigada.
Publicar un comentario en la entrada