
...
Silencio
...
Un amencer berenxena adírese ás meniñas dos meus ollos.
Quitei os espellos, tiña medo de mirar o reflexo propio.
...
Silencio
...
Sei que foi unha mañá cedo, pero fai tanto tempo que xa esquecín cando.
Dun día para outro nada tivo sentido.
...
Silencio
...
Todo o que puidese reflectir algo de min producíame pánico. Tampouco recordo que aconteceu, pero de sócato erguerse e ver o sol significaba inseguridade.
...
Silencio
...
Pero non sempre te podes agochar.
Farta de pechar os ollos por medo a que algún cristal reflectise a miña imaxe busquei dentro de min un espello grande..... e todo o que vin foi unha muller asustada e cansa, cansa de estar asustada, asustada dunha quimera. Pechei os ollos e mirei outra vez. O espello respondeu devolvéndome un EU.
....
Silencio
....
Música.
11 comentarios:
Zeltia....non esquezo o prometido, sigo traballando co i.
NOTA: creo que volvín.
Contente, muito contente, com este teu regresso. Que espero definitivo!
Boa semana para ti.
En ocasións, tomarse unhas vacacións detrás do espello tampouco ven nada mal. Así podes ver as carantoñas que outros fan diante do cristal...
Pero agora que dis que se escoita a música, alédame moitísimo que volvas para bailar nesta danza do punta_tacón. Benvida!!!
Bicos soleados
Benvida, conxurada.
deséxoche que os esconxuros che funcionaran.
grazas por lembrarte, mais pola miña parte non me importa esperar polo i, o, u
Alégrome de que esteas de volta!!
Que a música non deixe de soar, pois.
Beijinhos arpexiados.
Nunca lle tiven moito apego os espellos, o peor por que son moi feo, o mellor por que nunca din a verdade...quen sabe. O único que sei é que o teu testo é tan fermoso coma sempre. Bicos a moreas
São, eu tamén estou contenta de regresar. boa semana para ti tamén.
Chousa da Alcandra, agora que volvín pregúntome porqué tardei tanto.
zeltia, eu coido que si.
SoO*, obrigada.
An, obrigada a ti tamén.
beijinhos
o bom faise esperar...como adorei este texto! saúde e terra, que se te bota de menos cando non publicas...
alba, obrigada, de veras.
Lembroume unha historia de medo e tabú arredor dos espellos. Estupedo texto.
Obrigada. Ademais é certo, botei unha tempada sen atreverme a mirarme a un.
Publicar un comentario en la entrada