
Marchaches para de onde non se volve.
Antítese:
Vai pasando o tempo e o teu oco cada vez é máis grande.
As estrelas apagáronse
só quedou noite.
Constelacións mortas no peito cada vez que te recordo.
O aire chega, pero non é suficiente.
Eu, nai de todos, filla de ninguén.
17 comentarios:
Alédame tanto a tua escrita, que xa o texto parece secundario. Pero e que, vai a Conxurada e fai que o antedito perda validez e os platos da balanza atopen equilibrio.
Non che hai burato grande que non se poida volver encher, nin estrelas que non volten para agasallar destellos. Por haber ata hai dosificadores de aire...
(Sempre houbo nais, aínda que non ostentasen o título, non si?. Pois iso é o que consta na acta vital)
Bicazo de ida (e volta)
Fazer coma Joám XXIII e abrir as janelas para que entre novo ar e deixe de cheirar a xofre.
:) Sorriso xigante...
Gracias por facernos partícipes do Sentimento.
Beijinho.
As constelacións vivas chegan ó peito de cando en cando. Ás veces, quédanse, outras marchan.
Cando marchan, faise unha dor insufrible
a mín déixasme desacougada.
nunca sei cando algo é só un exercicio literario,
como no meu caso nunca o é... (ou case)
polo sí ou polo non,
deixoche aquí unha aperta moi moi grande,
se non a precisas, mellor.
Deixa ir o ano e todo o que con el liscou, e mira o que tes diante...sempre as descubrir cousas fermosas que nos contar. Bicos a moreas
Chousa da Alcandra, se ao final vasme sacar as cores.
O Garcia do Outeiro, jajaja...tes razón non che hai mellor cousa.
alba, obrigada a vos.
ar, certo, moi certo.
zeltia, sempre é unha mestura de realidade e ficción...pero a verdade é que agradezo a aperta, e se non che importa prefiro quedar con ela.(obrigada de verdade que falta me facía).
An, deixa ir o ano...que non o vou extrañar.
beijos
Ha chegar o tempo de percorrer ese camiño teu de nubes. Por aí chégase a tódolos currunchos, tanto ten cando sexa.
Un agasallo:
http://www.youtube.com/watch?v=hJaRUC912LM
Outra aperta !! (teño máis..;)) )
Negra sombra....ti tamen coñeces as suas artimañas, e mlas artes.
Triste vagar entre a neboa, baixo a amarga espera hacia a nada.
Ten coidado, que este oco perverso, non agrande a dor do espiritu ata que non sexas capaz de ver o ALba, porque despois da noite sen Lua, sempre chegas os primeiros raios do dia.....
Moi fermosa a metafora,desta antitesis, que comparto.
Cando menos o penses as atopar ese oco cheo de novo e outras estrelas ilumiñaran os teus ollos, e ata o vento traerá aire fresco e novo...
Biquiños
Chousa, neste caso falou a canda mín. Unha aperta
Toca fundo a tua prosa poética, sabes? Toca mesmo!
Noite de paz.
Gustoume moito o que escribiches Conxurada, moitos ánimos...podes ir enchendo pouquinho a pouco o buraco cos parabéns dos que comentamos. unha aperta :)
pido vuestro Apoyo para Pepe El Ferreiro, al máter del Museo Etnográfico de Grandas de Salime y al que los políticos destituyeron por resultar un personaje incómodo.En el día de hoy a sido humillado de la manera mas vil, entrad en
http://www.facebook.com/group.php?gid=279148793240
y vosotros mismos sereis testigos de la desfachatez de estos politicos
É tan fermoso coma triste... Deixoume un ruxerruxe que non fun quen de esquecer, aínda días despois de telo lido.
Daslle forma aos pensamentos máis encriptados.
Beijos caramelizados, para compensar.
Deixoume sen palabras, Conxurada, vostede as ten todas, e escintilean. Non hai noite, o seu pulso respira mentres o aire que falta se vai achegando.
Unha aperta.
setesoles, todo chegará. Obrigada polo agasallo, gostei moitísimo del.(vino estando na biblioteca cos cascos e non puiden evitar moverme na silla, jejeje).
latorredelossueñosesmeralda, todo mellorará, eu sei.
mencía, outras luces xa alumean, pero os ocos que deixan os lazos sanguíneos son difíciles de tapar.
sao, obrigada.
vintxuca, obrigada.
SoO*, obrigada.
doutora, as súas verbas comprácenme, obrigada.
Publicar un comentario en la entrada