martes 9 de junio de 2009

Suxestión X - Adicado a Latorredelossueñosesmeralda -


As soidades mercan conxuros de esquecemento, anos perdidos a baúles cheos, ensinando fobias
de dor convertidas en traballo. A realidade perdida entre pesadelos de aparentar o que non se é,
as pequenas cousas esquecidas buscando un ben maior que nunca chega, pois sempre se quere máis.
Metido sempre na cova da sociedade, ovellas....unha detrás da outra, que comen e balan porque as demais da súa especie tamén o fan.
Ser diferente unha tolemia que perdeu ao rematar de ser neno.

Agora, vello e só, as culpas veñen sen poder ser compartidas.

¡Dime ti que aínda esperas¡ Falame docemente das cousas que soñamos facer xuntos. Senta aqui o meu lado e dame a esperanza que che queda. Dime ti,-¿Que agora nos queda..?

17 comentarios:

A Conxurada dijo...

latorredelossueñosesmeralda aportou a foto e o texto final en cursiva.

O Garcia do Outeiro dijo...

Fica-nos a força da razom e a esperança de que os tempos serám chegados e as ovelhas, as massas, esse dia serám povo.

Umha aperta irmandinho

Ricardo Arias dijo...

Fantástico texto.
Lectura alternativa: a nosa Conxurada retrátanos a un Polifemo vello, cego desde a partida de Odiseo, aínda vivindo na súa cova, canso de contar ovellas e máis ovellas... ¡cántas culpas por expiar!
Saúdos.

SoO* dijo...

Por ben pouco que sexa coido que algo sempre queda.
Fermoso texto.
Saúdos intranquilos.

latorredelossueñosesmeralda dijo...

Hoxe non quero extenderme por varias razons que tal vez un dia che conte.....pero despois de ler o teu texto, estou mais que seguro de que chegaste ao fondo do que eu queriache transmitir. Sen dùbida:
INSUPERABLE.
Dende xa o teu texto è miño,
Unbico grande.

Chousa da Alcandra dijo...

Púxocho difícil; pero ti tes ferramentas versátiles. Eu xa o tiña claro, pero latorredelossueñosesmeralda seguro que a partires de agora tamén...

Bicos en cursiva

vakastolas dijo...

Pero nunca se é vello de abondo para saír do rabaño.

setesoles dijo...

Viver é a única maneira de aprender a viver.
E se cadra as preguntas teñen a mesma utilidade ca as respostas: pouca.
Poslle paixón á escrita. Ben está.

Saúdos.

Noa dijo...

é un destes moldes nos que todos encaixamos ben, o problema pode ser que a hipocresía ocupe demasiado espazo.
Xa hai tempo que caín na conta de que a vellez depende do peso dos recordos e por iso solto un medio sorriso, algo cínico, as cousas como son, cando me din que parezo moi nova.
Bicosss

BanAna & AppLe dijo...

Muito bom.

noa dijo...

...o un delirio de grandeza ir en contra de la opinión general.

bunbury - la herida secreta.

Anónimo dijo...

Para ser feliz abonda cun pouco de ceo azul sobre as nosas cabezas, unha brisa tibia e o espírito en paz”.

André Maurois

São dijo...

Gostei, como gosto sempre.

Quanto à foto, escolhe uma das minhas a teu gosto...

Apertas.

Anónimo dijo...

Se alguén pensa que este non é un bo lugar para facer reflexións, eu diríalle que calquera lugar é bo. Diríalle que en moitos onde eu estiven atopei espíritos tiranizados polo medo, asolagados pola saudade ou dominados pola insatisfacción. E aquí ?
En fin, Conxurada, parabéns por ter cabeza e corazón cheos de sensibilidade. Son excelentes os textos , magníficos retratos deste tempo, penso que tamén de ti. Os recibo con gran contentamento da alma.
André Maurois

Anónimo dijo...
Un administrador del blog ha eliminado esta entrada.
Anónimo dijo...
Un administrador del blog ha eliminado esta entrada.
A Conxurada dijo...

O Garcia do Outeiro, así sexa.

Ricardo Arias, gostei da túa visión alternativa...voucha roubar...

SoO*, espero que a intranquilidade non sexa culpa miña.

latorredelossueñosesmeralda, non sabes todo o que me alegra ter acertado, obrigada polas túas verbas.

Chousa da Alcandra, pois ao principio non as tiña todas comigo...e reescribín o texto varias veces.

vakastolas, eu tamén o creo.

setesoles, benvid@ por estes lares, e obrigada polas túas palabras.

Noa, bicos...moi nova...somos moi novas-vellas.

BanAna & AppLe, obrigada.

noa, moito me gusta ese home...e que acertadas esas palabras para este texto.

André Maurois, benvido meu literario amigo.

Sao, xa escollín....e teño o texto feito...agora o colgo.

André Maurois, desta vez as túas verbas puxéronme nerviosa...estou moi alagada por elas.

Beijos para todos.

blogalego - buscando nos blogs en galego!