viernes 15 de mayo de 2009

Suxestións VII - Adicado a vakastolas


Dende o meu exilio recordo cando aínda aniñaba nos teus brazos, extremidades que para min eran unha cárcere.
Cría que marchaba para respirar sen ti, pero no fondo o único que pretendía era que coa miña fuxida ti reaccionases e viñeses a buscarme.
Pasei moito medo ao darme conta de que simplemente non me querías.
Despois do golpe contra a realidade e de que a desesperación se materializase en min dinme conta da liberación. ... De que agora podía loitar pola miña felicidade sen que ela dependese de ninguén.


E todos os praceres do mundo caeron nas miñas mans...

11 comentarios:

mencía dijo...

Coma sempre fantástico.
Grande cousa é a de loitar pola felicidade sen que dependa de ninguén, só de un mesmo sen mais.
Bicos.

O Garcia do Outeiro dijo...

Concordo com Mencia em que coma sempre fantástico, tem sentimento que é o que se lhe pede a um texto destas características

vakastolas dijo...

É un texto perfecto, coa imaxe perfecta. Conservareino case coma unha guía para a vida presente e futura (esquecer o que temos aprendido é doado cando se trata de sentimentos). Moítimas grazas. Obrigada para sempre!

latorredelossueñosesmeralda dijo...

Que triste desamor sen posbilidade de amor, anhelos sen deseos, entrega sen aceptacion...Como sempre seuxerentes, reflexivo, perfecto o ritmo e a palabra....
Un agasallo imborrable para Vakastolas e todos nos.

Ricardo Arias dijo...

Ese remate, con todos os praceres do mundo nas túas mans, lémbrame eses versos de Omar Khayam: Vai a todas as festas as que sexas invitado, e toma nelas o cálice meirande, que Deus non leva contas dos teus pecados e virtudes.
Apertas.

SoO* dijo...

Tan fermoso coma de costume... Ou se cadra aínda máis! Encantoume.
Saúdos cálidos.

Chousa da Alcandra dijo...

Acadar ese estadío -no que se pode loitar pola felicidade sen que dependa de ninguén- é ter medio camiño percorrido; máis...pregúntome se é posible tal cousa, tendo en conta a interdependencia que temos.

En calquera caso, como utopía, gústame.

Bicos con letras

A Conxurada dijo...

mencía, boa cousa parece...agora logralo...

O Garcia do Outeiro, procuro que o sentimento ande ao redor de todo o que fago, pero sen esquecerme case nunca da razón...

Vakastolas, moi agradecía...pero non teñas este texto como guía, non quero tanta responsabilidade nas miñas costas...ademais o mellor guía é un mesmo.

latorredelossueñosesmeralda, coma sempre moi fermosas verbas que non creo merecer.

Ricardo Arias, pois xustamente o remate é a suxestión de vakastolas. Obrigada de terte por aqui de novo.

SoO*, obrigada.

Chousa da Alcandra, eu polo menos son incapaz de facelo....debe ser eso de fai o que digo e non o que fago, non?

Bicos emocionados.

Doutora Seymour dijo...

É moi difícil sacar esa puga de crer que un é querido e decatarse de que nunca foi así. Coido que acontece a maior parte das veces e que ao redor desa dor medra un calo. Outro, máis. E tiramos cara adiante, cunha mnorea de pugas enquistadas baixo a nosa pel.
Sobrevivir, é un instinto...

(fermoso texto, e fermosa imaxe)

vakastolas dijo...

É tarde, xa era unha lei non escrita, só faltaba que ti lle deras forma. Sobreviviremos con calos e pugas, mancan pero non matan. Bicos.

A Conxurada dijo...

Doutora Seymour, certo....sobrevivir, que si non?

vakastolas, mira como dicía un amigo meu...o que non mata engorda, e o que non coloca...

beijos

blogalego - buscando nos blogs en galego!