Soa nunha rúa fría os medos danzaban ao meu redor.
A furia fíxome crecer, e como unha heroína ficcional quedei atrapada no estereotipo.
Unha choiva de purgación lavou a desesperación e a culpa.
Pretendía ter a miña vida planificada ao milímetro, pero ela vai por libre, e non ten en conta desexos persoais.
A vida mete nun bombo a realidade, lotería traxicómica. Pero eu, mollada de satisfacción anuncie ao mundo a miña ledicia, non me rendiría ante un suposto destino, ata o último momento tentaría ser eu a que escolla un ou outro devalar.
Na soidade dos números primos, aínda que sexa unha quimera....loitarei.




8 comentarios:
Avelaíña mandoume o título do libro A soidade dos números primos.
Hai moitas veces que a vida semella ir por libre... Mais, temos que estar nós a guiala... Gustoume moito!
Saudos doces.
¡¡bravoooo!!! (clap, clap, clap, clap)
non sei si liche o libro, pero este texto podería incluirse entre esas páxinas perfectamente.
Eu som mais do nom lugar da utopia, a quimeira é algo que endejamais se cumpre a utopia nom existe mas é factível. Umha aperta irmandinha
a soidade...
...o frío...
.... e a determinación.....
a mistura das cores do día a día.
Gustoume o que me removeu este texto.
Unha foto moi actual: os bancos (e as caixas) están pingando!!!
Bicos dende a Chousa chuviñenta
Eu si que o lei, (O libro), e reamente recomendovoslo, e formidablemente fatalista, intimista, e cheo de frustrante realidade...
Soidade, tan fria como a que narras no relato que fas para Avelaiña....
SoO*, obrigada.
avelaíña, alégrome moito de que che gustase. O libro non o lin, pero quedei coas ganas...será lectura para este verán.
O Garcia do Outeiro, eu tamén voto pola utopía...é o que ten ser unha soñadora sen remedio.
Galeguiña, obrigada.
Chousa da Alcandra, pois onde estou eu hoxe fai incluso ata demasiada calor.
latorredelossueñosesmeralda, pois non quedará outra que lelo.
beijinhos
Publicar un comentario en la entrada