Así chegou, nú e con tres kg de vida á que se agarrou con forza...
Besbelliño do ceo,
cóvado articulatorio de amor sempre doce.
Contei os teus dediños só para comprobar que polo camiño non esqueceses ningún.
A miña man guiarate sempre polo camiño que ti escollas.
E aínda que ese carreiro non me guste agardarei por ti para darche luz.
Porque ti para min tamén es un vagalume de soños, unha festa de ledicia, un bico de anxo.
Lonxe ou preto sempre no meu carón.
Ti eres a pílula dos meus sorrisos.
Quérete: A túa avoa.
miércoles 6 de mayo de 2009
Suxestión VI - Unha carta para Samuel - Adicado a Mencía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



16 comentarios:
A suxestión é a primeira frase en cursiva.
Versificadora nata para descrever a tua tarefa de produtora toda vez que a cousa vai de recém chegados ao circo do absurdo do que falavam os de Barricada.
umha aperta irmandinha
Que texto tan doce... Tes ese algo que xa me gustaría a min ter, esa delicadeza ao escoller as verbas, as combinacións.
Unha aperta moi doce.
Felicidades para o bébé e em companhia de quem lhe quer todo bem.
Bom fim de semana.
É ben atinado o nome, conxuras os deuses e cumpres os desexos dunha maneira ben fermosa. Conxurada eres unha fada que construes soños.
Unha aperta de admiración
Tanto Samuel como Mencía estarán orgullosos desas verbas con tanto cariño e tan atinadas.
apertas.
Pronto me tocará a min! ;)
Quedei sen palabras.
Moitísimas grazas por este fermosísimo texto que co teu permiso colgarei no meu blog. Bicos.
Con este recibimento da gusto chegar ao mundo.
Leva razón Vakastolas no seu comentario. Este Samuel xa pode sorrir, pois ten ben cousas polas que facelo.
E aproveito a irrupción para convidarte a que participes no Sorteo das estadías de fin de semana nas Casas Rurais que comento no meu blog e que son froito da iniciativa de Julio Cougil.
Participar é ben sinxelo. Ven ver o xeito de facelo. Conto contigo!Apertas sin sorteos
É moi, moi fermoso!! Súmome a todo o que dixeron os anteriores compañeiros.
O Garcia do Outeiro, obrigadísima, subíronme ata as cores.
SoO*, e quen dixo que ti non o tiveses?
Sao, espero que ti tamén o pasaras ben.
Xan, sempre quixen ser unha fada, e unha bruxa e un vampiro...(dependendo do día), ogallá puidese cumprir desexos de verdade.
Raposo, eso espero, que fixen este texto con moito cariño.
Avelaíña, certo, non che queda moito.
Mencía, quedo moito máis tranquila ao saber que che gustou.
vakastolas, obrigada.
Chousa da Alcandra, a ver se despois me paso e me entero ben do das casas rurais.
Majo, obrigada.
beijinhos mil.
Talvez estejamos num momento crucial onde os sectores ainda vivos e realmente soberanistas e dignos do BNG deveriamos sair e provar fortuna na constituiçom dumha força netamente socialista e independentista. O domingo foi o enterro da Sardinha, mas aseguro-che que o entroido ainda nom rematou.
De todos os jeitos, fora ou dentro, ou dentro e fora, seguiremos abrindo caminhos, conscienciando e luitando pola soberania nacional.
Umha aperta irmandinha, companheira, e Nós Sós!
Tenro, tenro, moi tenro.
xa sen abri-los ollos tenvos comendo na sua man.......
cando vos faga un pucherito.... no te digo mais
felicidades avoa, que curriño...
O Garcia do Outeiro, tes razón, pois sexa como for a loita debe continuar, dentro ou fóra...e do xeito que se están a poñer as cousas(o asunta da lingua, por poñer un exemplo)con máis razón.
Pau, obrigada.
Ex traño, se eu que só o vin en foto estou así, xa nin che conto mencía que é a orgullosa avoa...jejeje
bicos para os tres
Publicar un comentario en la entrada