viernes 29 de mayo de 2009

Suxestión IX - Adicada a Zeltia -


Entre as miñas pernas o teu latexo,
semente túa afogándome en pracer.
patíbulo de orgasmos a dous.
Unha vez máis só Nós Nós Nós.

Postulada nunha imaxe túa non naveguei
Pois o naufraxio estaba en ti.
Quedei varada en verbas que parecían versos,
Porque os meus versos sempre son prosa.

Do teu glande co orgasmo un geyser,
Da miña boca co orgasmo electricidade.
Encendín a túa picardía
Apagaches por fin a miña sede.

20 comentarios:

A Conxurada dijo...

A palabra de Zeltia era latexo.

O Garcia do Outeiro dijo...

Nom será a cousa para tanto, fazemos o que podemos... ou o que queremos xD Temos o blogue "Desmembro" onde colaboramos gente da Galiza e do Brasil se te animas unte-te (para o ano imos mirar se damos tirado um livro alguns dos membros assi que se te animas já sabes).

Gostei do poema e vejo que a temática sexual é a tua especialidade. Apenas se me ocorre fazer algumhas reflexons que coido podem ajudar a dar-lhe ainda mais fondura a tua poesia (a composiçom é francamente boa, nom digo o contrário):

- A arte pola arte está bem, mas para mim a expressom feminina do prazer, o amor e o sexo deve enquadrar-se numha leitura crítica da condiçom subalternada da mulher na sociedade patriarcal em que nos inserimos. Do contrário pode-se cair numha frivolidade na linha de Iolanda Castanho, para rematar "Ledicia" passei-no quase mal no sentido em que nada me animava a seguir lendo e isso é o pior que lhe pode suceder a um livro.

- Poderias incorporar releituras de mitos entre eles os bíblicos desde umha perspectiva feminina

- O outro dia numha palestra entrei em contacto com a poesia da irlandesa Mary Porcey. Se sabes inglês, nom é o meu caso, prova a lê-la pois vai um pouco na linha que che digo. Se tampouco dominas a língua do Império pois acho que hai traduçons nalgumha colectánea de poesia comparativa entre poetas irlandesas e galegas. Um exemplo na Galiza e Maria Aleixandre ainda que a mim nom me presta em excesso a sua poesia.

>Bom, perdoa polo rolho e, em todo caso, parabéns pola composiçom e nom me fagas muito caso, pois muita outra gente vê a poesia como arte pola arte e assinala que a literatura galega deve deixar a trincheira se quere ser normalizada, mas que é a poesia entom mais que comunicaçom, expressom e vindicaçom?

Umha aperta irmandinha

O Garcia do Outeiro dijo...

Nom hai nengumha linha marcada polo que poderias colaborar com o que quiseres o que si acho é que necessito o teu endereço electrónico para acrecentar-te ao blogue (encaminha-mo a o_afiador_1986@hotmail.com). Umha aperta irmandinha

An dijo...

Dunha sinxela e fermosa verba, fas un altar a veleza, un bicazo enorme.

Noa dijo...

O luns ensínoche isto:

Come Quietly or the Neighbours Will Hear ( Córrete en silencio, vante oír os veciños) - Mary Dorcey

SoO* dijo...

"porque os meus versos sempre son prosa", encantoume. Atopas secuencias de palabras que aloumiñan a perfección.
Bicos entretidos.

Ricardo Arias dijo...

Segue a alumear máis textos de arte polo arte, e pracer polo pracer... sen lecturas críticas de non sei que condicións subordinadas, nin lerias semellantes.
Segue a escribir coa alma a flor de pel, por favor. Non con ideoloxías políticamente correctas na procura da subvención.
Segue a ser a Conxurada que es.

O Garcia do Outeiro dijo...

COmo hai umha alusom aqui a este menda, a mim, e sem ánimo de polemizar, já que a visom do Ricardo é tam válida como qualquer outra tratarei de contestar razoadamente.

a)Nom hai muitos anos os únicos livros escritos na norma ILGA-RAG que nom recebérom subvençom fôrom "No ventre do silencio" de Ferrim e o de Lupe Gomes "OS teus dedos..." acho que nom por acaso. Já nom digamos os que escrevemos numha grafia totalmente apagada e perseguida pola administraçom, tampouco por acaso. As ideologias politicamente correctas som essas que se enquadram na visom que Marx deu da ideologia como mecanismo primário de alienaçom muito por cima da violência exercida polo sistema, ou seja, as baleiras de conteúdo ou as coligadas com o poder.

E si, segue a escrever com o sentimento e a ser a Conxurada que és e Ricardo nom tomes isto a mal, apenas tentava deixar claro o meu posicionamento e o que dixem tentava ser umha crítica construtiva que tampouco som eu de aplaudir a todo por ficar bem, nom me prestam as palmadinhas nas costas.

Umha aperta irmandinha aos dous

b)A arte é autónoma isso sempre, senom deixaria de ser arte, mas o artista vive na sociedade e sofre ao igual que a sociedade que o rodeia, agora bem a expressom dessa dor pode ser mui diversa.

Chousa da Alcandra dijo...

Non sabería con cal parella de frases quedarme. Se elexir unha supedita excluir outra, quédome con todiñas!!.

Hai que recoñecerte picardía a Zeltia suxerindo...e a ti, por suposto, atino de pleno captando i escribindo.

Que te afoguen en pracer nun patíbulo de orgasmos é motivo suficiente como para quedarse varada en versos escritos en prosa, mentras observamos géiseres nacentes dun glande ciclópeo que emite electróns que acenden as lámparas da picardía. Loxicamente, despois disto, a sede que pode quedar é de Coca-Cola; non doutra cousa...

Anónimo dijo...
Un administrador del blog ha eliminado esta entrada.
vermella dijo...

O compás dun latexo está tan ben reflexado que pode sentirse,es unha artista da palabra....
bicos.

Zeltia dijo...

no medio do teu fermoso post que adicaches a palabra elexida por mín, hai unha coa que me sinto moi identificada,
isa de quedarse varada en versos escritos en prosae ogallá fose por quedar afogada nun patíbulo de pracer, e non afogada noutras emocións menos pracenteiras aínda que tamén intensas.
Gustoume moito.
Moito ánimo para seguires escribindo, porque tú lo vales

Raíz Verde dijo...

Eu também che digo o mesmo que o garcia: no desmembro no que participamos algúns e que leva aberto bastante tempo nom há ningunha linha marcada, a ideia q sempre se tivo foi a de total liberdade do que escreve. Se che gosta participar nom deixes de faze-lo por nada disso pois se miras arquivos máis velhos verás que há muitos textos para atrás que nom som civicos. Tampouco o tema da grafia é um problema para escrever nesse blog, a ideia e que quantos máis melhor e tudo aquel que lhe interesse que nom dubide em ponher-se em contacto com qualquer de nós para participar nel.

Um saúdo

Raposo dijo...

Parabens por eses latexos tan quentes que fan subir os termómetros. E así estamos!!

A Conxurada dijo...

An, obrigada.

Noa, estou desexando velo.

SoO*, obrigada.

Ricardo Arias, coido que haberá tempo e textos para todo. Faga o que faga só sei escribir coa alma.

Chousa da Alcandra, obrigada, sobre todo pola parte final do teu comentario, que me gustou moito, agás o da coca-cola...que eu son máis de fanta naranxa.

vermella, obrigadísima e ruborizadísima.

Zeltia, alégrome moito de que che gustase.

Raíz Verde, pois eu encantada.

Raposo, debe ser que por fin chegou o calor e todo se quenta.


beijos.

Xan dijo...

Recreas un Universo de latexos moi suxerentes.
Saudos

latorredelossueñosesmeralda dijo...

Estou dacordo co que che comenta Zeltia.......O latexo, pode ser pero a imaxe de quedarse varada en versos escritos en prosa.....e sublime. A antitesis do concepto e do mais fermoso e xuxerente, aunque non vou negar qu tamen eres moi sensual nas tuas explicacions.....uhmm que puidera.

A Conxurada dijo...

Xan, obrigada.

latorredelossueñosesmeralda, obrigada contigo tamén.

beijos

Ulises Lima dijo...

Non podo por menos de loubar o conxunto artístico que aquí puiden disfrutar.

A Conxurada dijo...

Ulises Lima, obrigadísima, de verdade.

blogalego - buscando nos blogs en galego!