Recórdote así. En calma.
Cos pés descalzos na herba recén mollada polo orballo primaveral.
Como un paxaro lanzando o seu canto de reprodución.
Recórdote así. En calma.
Suada de bagatelas de paixón recuperada só contigo.
Os nosos momentos, xa no pasado.
Ás veces só podo traer ao presente o duro do adeus, outras só quero voltar atrás e ser feliz contigo unha vez máis.... aínda que fose mentira.
Recórdote así, en calma.
E... Recórdote así, en calma...
Recórdote así, en calma...
Recórdote así, en calma.....
Recórdote así....cunha doce dor.




12 comentarios:
A suxestión de Majo era Así te recordo, en calma....eu modifiqueino un pouco...espero que non lle importe.
Perfecto!! Sospeito que non te quedaches na suxestión, para profundizar un pouco máis. Non maxino un texto máis atinado co que ti escribiches.
(Xa sabía eu que leías entre liñas, jaja).
Bicos e grazas!
segues espertandome envidia...
asoballado polo facil que o fas
diria que a meio camiño entre a poesia e unha canción, case podo escoitar a melodia
apertas
Pois quedouche un post majísimo :-)
Beijos en calma
"outras só quero voltar atrás e ser feliz contigo unha vez máis.... aínda que fose mentira."
Gustoume moito iso!
Fíxome pensar este post.
Un saúdo soñador!
Parece nesta suxestión que a paixón deixou de ser un activo para convertirse só nunha experiencia dolorosa.
Encantoume iste texto adicado a Majo.
"E... Recórdote así, en calma... cunha doce dor."
Fermosísimo.
Bicos.
Eu esto dacordo con ex Traño, segues a expresar da forma mais natural, posible o que eu sinto...Asi como un recordo, dulcemente en calma......
Tan suxerente, como relaxante, e real.
Había un famosete que dicía en dúas palabras im presionante!!!como sabes misturar palabras para atinar na diana...
bicos.
Tes un agasallo no meu blog.
Teño a obriga de comunicarlle o agasallo do papiro violeta.
http://www.blogoteca.com/hemaco/index.php?cod=61044
Un saúdo
Majo, alégrome moito de dar no cravo, pero sobre todo de que che gustase...fíxeno con moito cariño.
Ex traño, obrigada. Desta vez non te animas a mandar unha suxestión?
Chousa da alcandra, obrigada.
SoO*, ás veces dun xeito autodestrutivo preferimos vivir felices aínda que sexa mentira, sobre todo no tocante ao amor...a ignorancia moitas veces dá a felicidade.
Xan, o amor en pasado normalmente doe...ou polo menos trae á melancolía de volta.
mencía, obrigada.
latorredelossueñosesmeralda, quen non tivo ese sentimento algunha vez?
vermella, obrigada.
aniNha e Hermaco, obrigadísima polo agasallo.
beijinhos
Publicar un comentario en la entrada