
A melancolía do meu corazón ferido
consecuencia dun amor que non o é,
derrámase polas miñas venas envenenadas
sinal de algo que quero e non esquezo.
Branco sentimento de negro tinxido.
Negra mentira en branco aceso.
Súor frío de inesperada decepción
Horror que é doce, do cariño finxido.
Odio descuberto, rencor recén parido
é a visión do que non se quere ver,
a tortura que moitos queren olvidar.
Da triste traición a miña dor nace....
sábado 7 de marzo de 2009
5 de Novembro do 2001
Publicado por
A Conxurada
en
13:06
Etiquetas: Vellas Verbas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



20 comentarios:
Esta Conxuradiña do 2001 amosaba unha sensibilidade tan sutil na sua dor, que fai que me namore do ben artellado dos seus versos; incluso cando fuxe da rima, para buscar ainda máis énfase na tristura que nos quería amosar...
Gustoume moito. E a foto moi apropiada para o caso.
Biquiños tinxidos de púrpura e caramelo de café con leite
Ohhh qe versos tan fermosos!
Unha vez máis identifícome cas verbas. Por desgraza... Ou non!
Un saúdo
Din que da door saen bos poemas, eu non o creo, penso que da door os boas poetas sacan partido. Saúdos e apertas. muac
O mundo está cheo de traizóns. Canto antes se elimine o veneno que percorre as venas, moito mellor!!!
Veas envenenadas e rencor recén parido, con iso é co me quedo principalmente. Ata podo sentir a dor.
A imaxe e os versos denotan unha grande paixón. Ainda no dor respirase amor.
Fermoso.
Chousa da Alcandra, a Conxuradiña do 2001 estaba decepcionada, pero a sabedoría popular xa o di...o tempo cúrao todo(ou case).
SoO*, obrigada.
An, da dor poden sair moitas cousas...boas e malas.
Majo, tes razón, é mellor depurar.
vakastolas, pois non o sintas....que me vou sentir culpábel.
Alexandre, amor había...e moito.
beijinhos
O amor é coma un carracho, métesenos entre o pelo, agárrasenos á pel e o día que marcha nos deixa unha dor da hóstia, que sempre pasa, e nos fai máis prudentes, pero como por sorte sempre voltamos tropezar, chega de novo a ilusión mesmo a tolería, até que volva deixarnos arruinados.
Sempre así, como a vida.
A fin do ser humano é tropezar.
Biquiños
Das boas vivencias tamén xurden poemas, espero eses Conxuradiña, mais non porque esta non me gusta, que si, me gusta moito, senón por escoitarte leda.
A traizón sin duda é un dos maiores dores
Eu sempre digo que do malo tamén se aprende. E se a Conxurada agora é así é porque a Conxuradiña se fixo forte...
A min o que máis me gusta é que ese poema podería telo escrito calquera de nós polo sentimentos que expresa, pero só a Conxuradiña sabería explicalo deste xeito...
Biquiños para a grande e a pequena :)
Da dor tamén saen bos versos, como neste caso.
Conxurada, o amor éche mellor matalo, non coñezo ningunha grande paixón que non veña envelenada e te mate, lentamente, agonizando! Éche bo ser un Ave Fénix!!
rui, todo é un círculo, e ás veces aprendemos...e outras non.
susanamoo, haberáos...seguro.
Pau, moi certo. E benvido de novo, que xa facía tempo que non se che vía polo blogomillo...moita xente está a voltar...debe ser o Feijolito... que nos inspira.
Mar e Lúa, eu sempre o dixen, e aqui coido que tamén, eu son quen son polo bo, pero sobre todo polo malo, e non estou a desgusto de todo conmigo mesma...
Raposo, obrigada.
Majo, nos non queda outra que selo.
beijinhos
Grande poema, és umha versificadora nata!
Dos rencores e incluso das xenreiras nacen sempre as mellores emocións. Esa é a razón pola que o choro lle gaña sempre o pulso ao sorriso (porque o sorriso sempre ten un aquel de vaguedade e carantoña superficial que o estado das bágoas non ten -pola contra soe ser profundo, soe ser a nai dos nosos mellores pensamentos, sensacións e creacións).
Por sorte os sentimentos brancos que foron tinxidos van degradando ao gris e cada vez o tono é máis claro,as veces difuminase e queda nada.Xa seí que sempre digo que me gusta a túa escrita pero desta vez quedo REAFIRMADA como a túa fan incondicional.....
bicos.
O Garcia do Outeiro, obrigada.
reactio, eu polo menos teño máis facilidade para escribir cando as cousas van mal que cando van ben.
vermella, o sentimento é mútuo.
beijos
NOTA: teño tantas gañas de por en marcha o xogo das suxestións que pode que o adiante.
A foto e descarnada, e dura, tan cruel como a dor que narras nos versos de poema...Sobran as palabras, xa que a rabia mana libremente entre as verbas de rabia, desengaño, frustracion amor traicionado....
latorredelossueñosesmeralda, ás veces por moito que te coides todos eses sentimentes desbordan por algún sitio.
un bico
Publicar un comentario en la entrada