sábado 26 de julio de 2008
Miscelánea
Déixame acabar a min esa cabicha, dixeches. Eu, sentada no sofá, deixei o cigarro no cinseiro e abrín as pernas, para que puideses ver ben que non levaba bragas.
Iso que é, unha insinuación para que deixe de fumar, e riu mentres se levantaba acercándose a min....
Mollada de insistencia desfixen a dor do recato,
fixen de min unha prostituta dos meus propios desexos
arranquei da beatería o morbo da inocencia
e así o prohibido só foi un xogo sexual máis.
Despois dos orgasmos que ninguén me toque,
só quero disfrutar do cheiro que deixa o despois.....
Sentimentalismos.....os xustos.....
Esclava de ti, enfeitizada do pracer,
brúxula dos teus soños....túa.
Encántame provocalo, el dime que busco os seus límites por si os meus están no mesmo sitio. Fúnme duchar, o semen xa me escorregaba entre as pernas.
Publicado por
A Conxurada
en
11:25
15
comentarios
Etiquetas: As novas leis da Conxurada
miércoles 16 de julio de 2008
Unha liñas do baúl do recordo.
Cando me levantei estaba desnuda e todo o meu corpo cheiraba a el. Non quixen ducharme, pois tiña medo a que fora a última vez.
Todo o da noite anterior soaba a despedida, ultimamente xa non eramos os mesmos, levaba tempo sentindo que te me escapabas das mans, pero onte dinme conta de que nunca te tiven entre elas.
Publicado por
A Conxurada
en
11:20
20
comentarios
Etiquetas: Vellas Verbas.
viernes 11 de julio de 2008
Tras días de incertidume chegou a Babel, desorientada e confusa dixo un adeus definitivo.
As bágoas de dor púrpura saíanlle por todos os poros da pel, invisibeis para o resto do mundo ela, a Deusa do Orgullo, venceu.
Recuperou un chisco do perdido, o trono voltaría ser dela, pero desta vez gobernaría con paciencia e piedade...fora o final, pero non estaba disposta a renunciar ao seu corazón unha vez máis.
Unha húmidade invadiulle a alma, era o momento de loitar e quizais morrer.
Publicado por
A Conxurada
en
12:19
15
comentarios
Etiquetas: As novas leis da Conxurada
martes 8 de julio de 2008
Nada, eu.
Núa sobre as miñas as, espíote en segredo, a ti, príncipe que aínda non chegaches, ilusión, quimera de nena que quere ser princesa. Nena, nena, nena, repeticións de todas as miñas letras. Son unha nena? Ou quero volver atrás, vivindo agora unha infancia de edén? A inocencia, perdina? tívena algunha vez?... Palabras, preguntas...Nada. Bordo soños nos espellismos do meu pasado, presente e futuro, os valores cambian constantemente, os meus, pois non sei nada de vidas alleas. Pois eu son o centro do meu mundo.
Publicado por
A Conxurada
en
11:43
6
comentarios
Etiquetas: Vellas Verbas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






