martes 4 de marzo de 2008

Suxestións XVII - Ban, Ban - Adicado a Ex Traño


Ban, ban, oscilante movemento das ondas do mar, ban, ban, monótono divertimento das augas do relax, Ofelia, nova raíña das fadas, estrea traxe, e no seu retiro obrigado é o mar a súa elección.

Ban, ban, non sabe se soña ou orbita, ban, ban; pode afogar se esquece quen é, pero …ban, ban, mécese ao son das ondas, ensoñando a purpúrea bágoa que non voltará a derramar.

Ban, ban…a luz que se filtra na auga non minte, a vida real segue a existir, ban, ban…a decisión está tomada, non será a raíña das fadas, ela de maior convertiráse en serea; e…ban, ban.

blogalego - buscando nos blogs en galego!