Escoito o ¡sloomp!, e as portas do tren indícanme que a saída é inmediata. Pouco a pouco comeza a andar e eu despídome de Compostela, nesa hora na que as luces se acenden.
Estas son as liñas dun adeus, aínda qeu a túa perdida, como mínimo, esperará uns meses.
Gustaríame ser tan egoísta como para poder dicirche que non quero que marches, para pedirche que quedes ao meu carón, pero eu non son así.
Agora penso neses infinitos momentos de soidade conxunta, nos bicos ás agochadas. O sexo contigo doe pois tócasme sempre como se fose a primeira vez, e eu sempre teño medo a que sexa a última.
Non cho direi, pero botareite en falta, a miña cama quedará baleira, e pouco a pouco irá perdendo o teu cheiro, e despois olvidareino, como as faccións da túa cara, e serás só un fantasma de melancolía.




21 comentarios:
Aiiii, que raio terá este outono tan pródigo en melancolías, despedidas, contraluces e reflexos...
"Ti tócasme como se fose a primeira vez, e eu teño medo de que sexa a última".
Memorable.
Un bico!!!
Cantas pantasmas de melancolia non lembraran as nosas camas?canntos arrecendos perdidos...de faccións, de faccións non falo , que se mesturan tercamente nos meus miolos. bicos e aperTas a moreas, fenomena
É esta unha despedida moi melancólica pero fermosa e poética onde as haxa.
Bicos.
canto millor era que llo dixera.
Mellor marchar de mañá cedo, antes de que chegue o dia, para ficar por sempre a saborear o mel da melancolia, non darlle tempo ao sol de descubrirnos que nin sempre poderias tocarme como se fora a primeira vez. E que mesmo chegaria a te odiar o día do reparto de benefícios.
Moi bonito, moitas saudades de Compostela de noite.
Biquiños
as camas todas teñen cheiros de malencolía, só que algúns son tan leves tan leves que un namais os percibe coma un sg. irreal que case non da tempo a recoñecelo. e outras, fura e fura e asoma coa faciana de hai mil anos, e solprendeste ó miralo, pensando: i eu "era", "estaba", tamén.
Feliz outono.
ooh!
pois podo decir o mesmo do teu.
Gústame encontrar blogues en galego, e o teu, en especial, encantoume. Pasareime por aqí.
Un saúdo!
Ser un fantasma, xa é algo. Bicos
Perder un amante é moi duro, mais é algo polo que todos debemos pasar para afondar nos sentimentos...quen non quere non se consola
Chousa da Alcandra, será o outono, a crise ou eu que sei...pero é, jeje.
An, un bicazo para ti tamén, (fártome de rir coa túa sección en retranca).
mencía, é polo menos unha primeira despedida...cantas veces tomariamos unha decisión da que logo daríamos marcha atrás...
noa, eu tamén o creo.
rui, pois dende Compostela a Conxurada saúdate...buf, (ultimamente a cultura latina tenme trastornada).
Zeltia, nada, o mellor que se pode facer ao rematar unha relación é queimar o colchón.
soo, pois xa nos veremos, pola túa casa ou pola miña.
suso lista, home si, e un asasino...tamén.
susanamoo, certo.
beijinhos
pois para matar pantasmas só queda o remedio de procurar vivos.
beijos
Quando se ama é sempre assim. Os encontros sempre parecem os primeiros e tememos que seja o último. Há tanto por viver quando o amor tempera a vida.
beijo no coração
LM, pois intentarase, :)
Elizabeth L.de Oliveira, eu non creo que cando se ama sempre sexa asi, eu agora amo, pero non creo que sexa a última vez...e tampouco é igual que a primeira..é mellor, :P
beijinhos
Non sei, as veces hai cheiros que nunca se van de todo, permanecen por riba do tempo e a distancia. Eses son os importantes, os imprescindibles.
A lembranza dunha despedida ao carón dun tren sempre é meláncolica, pero tamén unha lembranza cun fermoso toque poético que adoza a dor das ausencias.
Fermoso texto.
Los fantasmas de la melancolía tiran pellizcos, y duelen, pero son el mejor tren a ninguna parte. Bravo por ellos, y por vós, Señora.
ai ai ai
...sempre as estacións...
Se é cousa de pantasmas haberá que botar man das ouijas, iso ou deixalos ir para sempre coa resignación do que se queda na estación.
As despedidas sempre son malas e máis cando son dunha persoa a que queres.
Beijos
Que alguén te lembre deste xeito é fermoso,e aquelo de mellor querer e perder que nunca haber querido.
precioso moitos bicos.
O raposo, debe ser que son fumadora que a min os cheiros pouco tempo me quedan na memoria.
Doutora Seymour, obrigada.
Ra, graciñas.
Manuel L.Rodrigues, non me negarás que teñen o seu encanto...
vakastolas, eu neste caso concreto decántome por deixalos marchar.
andresrguez, pois si...a ninguén lle gustan as despedidas.
vermella, eso dise...pero a min sufrir non me gusta...son moi hedonista.
beijinhos
Publicar un comentario en la entrada