miércoles 16 de julio de 2008

Unha liñas do baúl do recordo.


Cando me levantei estaba desnuda e todo o meu corpo cheiraba a el. Non quixen ducharme, pois tiña medo a que fora a última vez.

Todo o da noite anterior soaba a despedida, ultimamente xa non eramos os mesmos, levaba tempo sentindo que te me escapabas das mans, pero onte dinme conta de que nunca te tiven entre elas.

20 comentarios:

L&M dijo...

como a água...pensas que tens uma cunca perfeita nas mans e sempre termina escorregando...beijos

Chousa da Alcandra dijo...

Tremenda sensación.
En realidade non podemos posuir ás persoas (ainda que queiramos e o desexemos con vehemencia). Como moito temos o usufructo. Pode parecer desafortunado, pero peor sería ter a núa propiedade...(ser donos, pero que os disfrute outro menuda jodienda)

Bicos sin ducharse

Cidadán Anónimo dijo...

Cando a fusión, a complicidade desaparece enchese a alma de tristura e todo parece mentira. Ata que aparece de novo non se sabe ben onde.

Silvana dijo...

Qué sensación tan universal!!!! Eu creo que todos a tivemos algunha vez, cando intúes que o estás perdendo e queres que perdure olor, sabor, ... Aissssssssss.

asbeirasdoarnego dijo...

Menuda Sensación!!!!
Es inolvidable....
Un Saludo

A Conxurada dijo...

L&M, certo, e finalmente non tes a auga, pero si as mans molladas.

Chousa da Alcandra, dende logo que en usufructo está mellor, jeje.

cidadán anónimo, sempre chega, polo menos cando non o buscas...

silvana e asbeirasdoarnego, eu tamén creo o mesmo, é como o xeito de que perdure, aínda que sexa enriba túa.

Biquiños doces para cheiros olvidados.

d´Agolada dijo...

Bonitas liñas, pero, sempre hai unha próxima vez. Gustoume moito, tan corta a entrada e dio todo. Saúdos

vakastolas dijo...

Pois eu penso que mellor que o saques canto antes porque como se instale logo hai que tirar man do xabrón lagarto e o scotch brite e iso doe o doble.

Doutora Seymour dijo...

Aínda que non o pareza, esa sensación é o mellor que pode pasarlle. Cando todo se ten por seguro, é porque un xa non ten nada (ou case).

(o da ducha, tremenda ofrenda con estes calores.... de verán)

Saúdos, Conxurada.

vermella dijo...

Primeiro parece unha mala sensación pero co tempo é un recordo imborrable.
encantoume,bicos.

reinita neurótica dijo...

Apoyo la iniciativa de que hablen en galego, aunque yo hablo así, me encanta leerlo... y hablo portugués, me doy maña...
Saludos!!!!!!!!!!!!!!!!!!

paideleo dijo...

Os desamores sempre son tristes.

A Conxurada dijo...

d'agolada, e que eu son da que creo que as cousas máis interesantess se din con poucas palabras.

vakastolas, non te preocupes, que aínda que desta vez si que son unhas verbas moi persoais, están escritas cando saíu o disco de Iván Ferreiro Días Azules....que fixo que me puxera melancólica.

Doutora Seymour, ten toda a razón, como lle dicía a vakastolas, esto escribiuno a persoa que está detrás da Conxurada fai tempo xa...pero encambio nada rematou...só foi un bache para mellorar. E si, o da ducha con estes calores é imperdoábel...jejeje.

vermella, obrigada, e eu tamén penso o mesmo.

reinita neurótica, benvid@ por aquí.

paideleo, sempre o son, pero todo pasa, tanto o bo como o malo.

Beijinhos e mimos para todos.

Suso Lista dijo...

Despertar nunca apetece moito, cando a dormida´non é un pesadelo. Bicos

A Conxurada dijo...

suso lista, que razón tes...

andresrguez dijo...

O peor é cando daste de conta de que perdíchelo/a para sempre.

O Raposo dijo...

Todos tivemos algunha vez esa sensación. Co paso do tempo non é tan tráxico: morrer e renacer, morrer e renacer (mesmo os sentimentos) e unha lei básica no universo.
Apertas.

A Conxurada dijo...

andresrguez, eso pasoume unha vez, cando eu tiña once anos miña nai marchou a traballar a canarias, eu quedei cos meus avós, tireime durmindo abrazada a o último pixama que usara semanas, até que me din conta de que xa non ulía a ela...

o raposo, neso si que che dou a razón, ademais as alegrías, pero sobre todo as penas fanos a persoa que somos na actualidade...e a min gústame como son, jeje.

Un bico para cada un.

Zeltia dijo...

No temas, como pasa con todo lo verdaderamente importante, nunca se sabe que ésa fué la última vez.

A Conxurada dijo...

zeltia, tes moita razón, :)

blogalego - buscando nos blogs en galego!