martes 8 de julio de 2008

Nada, eu.


Núa sobre as miñas as, espíote en segredo, a ti, príncipe que aínda non chegaches, ilusión, quimera de nena que quere ser princesa. Nena, nena, nena, repeticións de todas as miñas letras. Son unha nena? Ou quero volver atrás, vivindo agora unha infancia de edén? A inocencia, perdina? tívena algunha vez?... Palabras, preguntas...Nada. Bordo soños nos espellismos do meu pasado, presente e futuro, os valores cambian constantemente, os meus, pois non sei nada de vidas alleas. Pois eu son o centro do meu mundo.


6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

A tua dicción semántica engaiólame e faime participar da mensaxe. Non somente bordas os soños; tamén o fas coa sintaxis.
Con respecto a esa teoría heliocéntrica da vida, se miras á dereita...seguro que me ves a min flotando no meu cosmos particular.

Un bico de inocencia perdida!!!

O Raposo dijo...

Vivimos tempos de confusión e as preguntas agólpanse. As veces leva tempo atopar as respostas; eu sigo buscando algunhas.

vermella dijo...

As ausencias soñadas veñen cheas de preguntas,ser o centro dun mundo propio non é egoísta mentres non se atopa o eixo,e aínda así sempre hai que preguntar....
bico.

Andrés dijo...

E o teu príncipe, tamén é o centro do teu mundo ;)

Zeltia dijo...

Pues nada de sentirte el centro , porque como todo el mundo sabe, el centro del universo es sin duda un lugar maravilloso excavado en la roca llamado Fraggle Rock

A Conxurada dijo...

chousa da alcandra, acábasme de subir as cores...e unhas gañas tremendas de poñerme a escribir algo...

o raposos, eu espero non deixar de buscar respostas nunca, para min a perda de curiosidade é a morte cerebral.

vermella, ben sendo o que eu lle dicía ao raposo.

andrés, a verdade é que si, que o meu príncipe tamén forma parte do centro do meu mundo.

zeltia, jajaja....si tes razón!!!! Fraggle Rock...k recordos me trae.

Bicos para toooodos.

blogalego - buscando nos blogs en galego!