Desfíxose do resentimento para caer na tenrura, asoballou os rancores para entrar na vida en conxunto.
Dixo non a durmir soa, e afirmou a idea dunha cama dupla.
Cargouse da valor dos namorados para dicir quérote, esta vez sen mentir.
Cunha coroa de bicos, os abrazos seguían a ser importantes, últimamente os seus labios só sabían a algodón de azucre.
Algún día a doce remataría, pero as manchas de caramelo, nunca sairían do mantel do seu recordo.



16 comentarios:
Ben, a seguinte entrega das suxerencias será a partir do día trinta de Decembro.
Extrañarei moito esta Conxura e a todos os que por eiquí pasades.
Un bicazo.
E nos extrañarémoste a ti, moi bo tamén o texto adicado ao apátrida,
coma sempre.
E a pesar do pesadelo da familia que pases uns días moi felices.
Unha aperta.
Despois de leer (e de volver a releer o da Folla) a dulzura deste post, so queda propor un aturulo "polas manchas de caramelo"!!
Un bico e que disfrutes do Nadal
Bo Nadal!! E come moito doce!
Moi fermoso e moito obrigado.
Un texto moi bonito e moi doce. Parabéns por esas magnificas cualidades e sensibilidades que tes para escribir.
Que pases boas festas.
Unha aperta
Minha querida, venho desejar-te e a quem te ama alegres festas, um Natal de paz e um 2008 muito melhor do que 2007!
Sempre tendemos a recordar as cousas boas, ainda que nos crean unha profunda sensacion de melancolia. Bo relato
que rico...
da gusto cuando la ternura deshace el resentimiento como un caramelu...
!!
:x
Que post máis doce!!
Felices e doces festas.
Un texto doce como unha garrapiñada,co seu puntiño doce do caramelo e meláncolico da amendoa.
Parabéns.
O de Chousa tamén moi logrado,
boas festas e a espera...........
QUE O GRANDE ESPÍRITO TE GUARDE E A QUEM TE ESTIMA, AGORA E SEMPRE!
Abraço fraterno.
Primeiro dicir: Xa estou de volta!!! Decidín fuxir da familia antes de tempo e retornar á rede.
rifo i de zeuquirne, graciñas, por sorte pudenme escapar antes, jeje.
chousa da alcandra, pois aturuxemos todos!!!
zerovacas, obrigada e igualmente, e si, comín moito doce.
apátrida, moito me aledo de que che gustase, un bicazo para ti só.
sao, parabéns tamén para ti, e disfruta do natal.
pau, asegúroche que as malas tamén as recordo, aínda que non quixera...
screaming butterfly, a que si?? Necesetimas un pouco máis de doce dese nas nosas vidas.
veca, pois un bico con sabor a azucre para ti.
o raposo, o mesmo digo.
vermella, obrigada...e abríchesme o apetito, jeje.
Vaia, que valente foi a prota do relato... Debe compensar facer o esforzo por atreverse, a ninguén lle amarga un doce, ¿non?
Moi bonitiño o texto :) Eu polo menos quedei con moi bo sabor de boca...
Bo Nadal e feliz 2008!
Ya me gustaría a mí agarrar a los recuerdos por las solapas, plantar cara al pasado y recuperar la valentía para asumir el riesgo de decir te quiero (esta vez sin mentir) actualizarme y ponerme al día en ese sentimiento interrumpido.
mar e lúa, todos temos que ter, nalgún momento das nosas vidas un acto así.
zeltia, eu penso que a todos nos chega ese momento, e canto máis o teñamos reprimido no pasado ven despois con máis forza, o que pode ser perigoso...co cal, nada de reprimirse, reprimirse é malisísisisisisisisimo.
Un bico para cada unha.
Publicar un comentario en la entrada