martes 11 de diciembre de 2007

Suxerencias I - Adiacado a Rifo i de Zeuquirne-


Calmamente tras cinco lúas de insomnio chegou o cerne da transparencia.
Lúcida pero subxugada pola noite, atravesou a porta espida, camiño da fraga.
A terra húmida metíaselle entre as dedas dos pés, e unha multitude de vagalumes recibírona entusiasmados.
Presa da máxia dos carballos vellos bailou ata que o frío se converteu nunha pobre mentira.

O amencer chegou pronto e ela, vencida polos moralismos, correu para a vestirse.
Co tempo olvidou esa noite, deixouna gardada no saco da imaxinación, pero os trasnos que con ela riron esa noite, séguena agardando para que se convirta na súa raíña.

19 comentarios:

Silvana dijo...

Fermosísimo e encantado.

Zeltia dijo...

Xa vexo que empezaches xusto cando dixeches...
para algunhas persoas é facil deixar sonos voar coma globos, o que lles resulta dificil é darlles forma con palabras, pero tí parece que podes facer as duas cousas e que xa non se saiba se son sonos ou verdades.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Verdadeiramente fermoso o texto que me adicas conxurada,
Eu si que quedei SUBXUGADA coas túas palabras. Grazas.
Unha aperta.

A Conxurada dijo...

silvana, obrigada.

zeltia, gústame cumprir o que prometo.

rifo i de zeuquirne, obrigada, pero todo o mérito é teu, que me mandaches as palabra inspiradora.



P.D: xa teño feitos tres textos máis, e hoxe ando ás voltas co cuarto; o sábado colgarei o seguinte, o de sao.

Bicos para as tres...GUAPAS!!!!!!

Chousa da Alcandra dijo...

Fas moi ben adiantando os "deberes" que che puxemos.
Como Rifo I de Z. enviou a sua proposta ó mail non sabemos cal era. Teremos que intuila no texto.
Estou aguzando os miolos para leer o da palabra por min suxerida.

Bicos para as catro

APÁTRIDA dijo...

Certamente fermosa, maxica cos vagalumes é os trasnos que riron na noite.
Un saúdo

A lareira de Santiso dijo...

Eso si que é un fermoso regalo de nadal

vermella dijo...

Tras cinco lúas de insomnio chegou o cerne da transparencia..........
ben bonito e máxico aclarar as dudas ca terra para que o frío limpe todo.
saúdos e espero..........

A Conxurada dijo...

chousa da alcandra, si o outro día estiven produtiva, pero hoxe, aínda que teño tempo non teño demasiadas gañas de porme a escribir, a ver se mañán cambia a cousa.
A palabra de rifo i de zeuquirne foi SUBXUGAR.

apátrida, obrigada, a ver se o resto tamén vos gustan.

a lareira de santiso, é o mellor regalo que podo facer, pois non é por convencionalismos.

vermella, pois si, vas ter que esperar, que aínda quedan uns cantos.

Biquiños a todos, e antes de marchar de traballos forzados nos convites de nadal conto con colgar tres textos máis: un o sábado, outro o mércores e outro o venres...antes de marchar.

Suso Lista dijo...

Pois a min tamén me gusta, que queredes que vos diga, ainda que non me chames guapa. Bicazos

A Conxurada dijo...

suso lista, obrigada, a ti non te chamo guapa, chámote directamente TIO BUENO, jeje. Un bicazo enorme para ti.

São dijo...

Os moralismos sempre vencem...
Tudo de bom !

paideleo dijo...

Co este posteo fixeches unha amiga para sempre.
A imaxe é preciosa tamén.
Un saúdo antes das vacacións.

Veca dijo...

A conxurada, tíñate olvidada, pero dende o traballo a Deputacion non me deixa abrir o teu blog (ignoro que ven eles de "malo" nel, pero son así de caprichosos) e na casa como poucas veces os miro....Prometo visitarte máis a menudo. Por certo, bonito relato.

A Conxurada dijo...

sao, non sempre, aínda existen reveldes no mundo, jeje, xa me dirás que che parece o texto coa túa palabra.

paideleo, obrigada...o das vacacións para min son unha tortura, (só as de nadal...as outras disfrútoas ben, jeje).

veca, non te preocupes, o que pasa co da Deputación é que teñen a mirada sucia, jeje.

Pau dijo...

Moi bo e poetico o texto.

A Conxurada dijo...

pau, obrigada, e beijinhos.

Dalaila dijo...

Magnifico, grande e maravilhoso

A Conxurada dijo...

Dalaila, obrigada, subíchesme as cores.

Un bico para ti

blogalego - buscando nos blogs en galego!