
Nun corredor morto de viaxes xa feitas Mela esqueceu.
Os siloxismos de verdade creados na súa xuventude foron desmitificados pola hipocresía.
Naceu unha e outra vez, e en todas as súas vidas cometeu o mesmo erro: querer voar.
Padece sempre as mesmas críticas, pero delas sempre sae combatente.
Nun momento do percorrido un espectro caricaturesco, un prototipo inútil da decadencia aparece vestido de heroe. Mela cúspelle. Ela só busca deuses.
Dóese por dentro e enlaza verbas de papel, tizas de cores e soños innecesarios. Só dese xeito é que de se levantar polas mañás.
martes 20 de octubre de 2009
Suxestión XVII - Adicada a Xan
Publicado por
A Conxurada
en
17:39
13
comentarios
Etiquetas: As novas leis da Conxurada, Encargos
martes 6 de octubre de 2009
Suxestión XVI - As marabillas fuxitivas - Para Noa da Tolemia

Desta vez estou tan triste que non me sae, non son capaz de compoñer un texto coa palabra marabilla.
Por dentro escoito
pero entre o murmurio só se ule dor.
Como empregar unha palabra con connotacións tan positivas cando para min é de noite todo o tempo?
Masacre das súas tropas no meu corazón.
Terribelmente pastelosa
ansiosamente busco a miña vida real en filme rosa ledicia.
Marabilla, marabilla, marabilla... noxo da xente enamorada. Non, non quere,(Noa perdóasme? pero hoxe as miñas letras só poden ser amargas).
Abro o armario e non atopo ningún vestido de luto.
Badaladas a morto pola miña cegueira.
Campás de voda pola dignidade recuperada.
Doe, a reconstrución custarame sangue de alma. Pero co tempo recordarei a calma e o sorriso, e poderei escribir para ti, (a miña Noa en verde e lila), uns versos fermosos onde a luz poida ser brillante, e onde a marabilla volva a ser marabilla.
Publicado por
A Conxurada
en
15:22
21
comentarios
Etiquetas: Encargos
martes 29 de septiembre de 2009
Suxestión XV - Adicado a Suso Lista
Publicado por
A Conxurada
en
12:25
18
comentarios
Etiquetas: Encargos
sábado 19 de septiembre de 2009
Publicado por
A Conxurada
en
10:38
8
comentarios
lunes 10 de agosto de 2009
Suxestión XIV - Trechos roubados do diario de Carmela - Adicado a Vermella
Publicado por
A Conxurada
en
18:39
19
comentarios
Etiquetas: As novas leis da Conxurada, Encargos
jueves 30 de julio de 2009
Suxestión XIII - Miscelánea e un mapa - Adicado a Anónimo.
Publicado por
A Conxurada
en
16:48
16
comentarios
Etiquetas: Encargos, Vellas Verbas
martes 21 de julio de 2009
Suxestión XII - Cravo, canela e almiscre - Adicado a Rui
Almiscre e area.
A paisaxe das dores presa dos teus adeuses.
Soidade a dous nunha tormenta do deserto,
ti e máis eu
dúbidas do tempo.
Unha viaxe,
un regreso nostálxico para sempre.
Especias,
cravo e canela no recordo,
ti, fuxida dos meus pensamentos.
Non quero máis melancolía dos teus bicos.
Só os latexos daquela viaxe,
só as pegadas daquelas rúas de area e cal.
Publicado por
A Conxurada
en
10:27
20
comentarios
Etiquetas: Encargos






